Concentración de luxo para os deportistas do Número Phi
Por Redacción
Os deportistas do club de taekwondo Número Phi Ayrton Iglesias, Roi Fraga e Ekaterina Rebón, xunto á adestradora Lúa Piñeiro compartirán adestramentos durante unha semana co club Hankuk de Madrid, un dos máis importantes a nivel nacional onde se atopan medallistas olímpicos e mundiais como a subcampioa olímpica Adriana Cerezo, ou as medallistas internacionais Marta Calvo e as irmás Marton.
"É un luxo poder adestrar nun centro como o Hankuk. Sabemos que será duro xa que o nivel de esixencia vai ser máximo, pero se queremos seguir crecendo para chegar á categoría absoluta coas máximas garantías, temos que aprender cos mellores", asegurou Lúa Piñeiro.
A adestradora resaltou que "a humildade é clave no deporte e na vida", por iso "sabemos que este equipo está a ter uns resultados que non son normais. A súa preparación física é impresionante, ademais da súa actitude fronte aos combates. Vimos a que os mozos se empapen desta forma de traballar para volver máis fortes".
A concentración durará cinco días nos que os mozos deportistas adestrarán en dobre sesión con adestradores diferentes e de diferentes países, polo que será "moi positivo aprender de todas esas fontes", explicaron desde o club.
Ayrton Iglesias, Roi Fraga e Ekaterina Rebón buscarán clasificarse na Clasificación autonómica para o nacional e de aí soñar cos internacionais. No Copa Coruña, primeira cita do ano, Roi e Katy conseguiron o ouro, afianzando o seu lugar, mentres Ayrton logrou puntos cun Bronce.
A seguinte cita será de novo en Galicia co Vila de Moaña e despois chegará o Open de Bélxica e conseguir a praza para o Nacional.
Relacionadas:
-
Ekaterina Rebón baña en prata o Número Phi no Open de Bélxica de taekwondo
Por Redacción |
-
Grandes resultados para o taekwondo pontevedrés no Campionato de España de clubs
Por Redacción |
-
Roi Fraga, medallista de bronce no Europeo Cadete de Taekwondo
Por Redacción |
-
Caldas recupera a figura da pregoeira das festas coa taekwondista Lúa Piñeiro
Por Redacción |