Clasificados xa matematicamente para o play-off... e para a Copa do Rei
Por Diego Espiño
Co seu triunfo ante o Marino de Luanco o Pontevedra Club de Fútbol non só sacou o billete matemático para a fase de ascenso a Primeira RFEF, senón que se asegurou disputar a próxima campaña a Copa do Rei, un torneo que sempre ilusiona os afeccionados pola posibilidade de que un rival de Primeira División acabe visitando o Estadio Municipal de Pasarón.
Desta forma o conxunto granate regresará ao Torneo do K.O. tras un ano de ausencia, e aínda coa traxectoria da campaña 22-23 na memoria. Foi de feito una das poucas alegrías do curso, con descenso en liga, e é que na Copa o equipo pontevedrés superou a domicilio o Manresa en primeira rolda para eliminar despois ao Tenerife de Segunda División en Pasarón, naquel partido con dobrete de Guèye previo á súa espantada, e poñer en proplemas en terceira rolda a todo un Primeira División como o Real Mallorca, ao que levou ata a prórroga ante unha afección entregada.
O Pontevedra agora asegurou o seu billete copeiro e para o play-off porque matematicamente non pode quedar xa máis abaixo da quinta posición (clasifícanse para Copa os cinco mellores de cada grupo de Segunda RFEF), xa que o sexto é o Coruxo e está a 21 puntos dos granates cando restan só seis xornadas (18 puntos).
A da próxima tempada será a 48 participación de club pontevedrés na Copa, unha competición na que chegou a avanzar ata 1/4 de final en dúas ocasións, na época do 'Hai que Roelo' e cando se denominaba Copa do Xeneralísimo. Foi nas tempadas 64-65 e 66-67. Ademais ata cinco veces pisou os 1/8 de final, nas campañas 63-64, 67-68, 68-69, 69-70 e 71-72.
No que respecta ao século XXI, o Pontevedra chegou a medirse ademais da recente fronte ao Mallorca, en dúas elimiatorias fronte a equipos de Primeira División. Na tempada 20-21 perdeu en penaltis contra o Cádiz en Pasarón tras ter eliminado antes o Cartagena de Segunda División, mentres que no curso 07-08 con Javi Gracia no banco os granates avanzaron ata 1/16 de final cruzándose co europeo Zaragoza de Víctor Fernández, ao que venceron en Pasarón 1-0 con tanto de Víctor Ormazábal para caer no choque de volta por 3-1 na Romareda.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias, tras o empate en Aranda: "Cando tes os tres puntos e escapan doe"
Por Diego Espiño |
-
Un autogol no 88 priva do triunfo o Pontevedra en Aranda de Duero (1-1)
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias e o as baixo a manga para o final de liga: "Esperamos que a Marea Granate se mova connosco"
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa e o Pontevedra non se fían do pechacancelas Arandina: "Creo que é unha saída complicada"
Por Diego Espiño |
-
Aranda de Duero, a 'última' viaxe da tempada para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Xeramos ocasións pero non estivemos acertados"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Moitas ocasións e poucos goles ante o Marino dun Pontevedra que xa é líder en solitario (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |