Arranca en Pontevedra o Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/789/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66106010c7-20240405-patxot-karate-0021.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6b9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6610601240-20240405-patxot-karate-0030.jpg)
© Mónica Patxot
Pontevedra xa está preparada para vivir unha fin de semana do máis intensa coa celebración do Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate, que arrancou este venres 5 de abril ás 15:00 horas coa disputa da Kata individual, a Kata por equipos e o Para-Karate.
A competición continúa o sábado desde as 8:30 horas co Kumite individual e a homenaxe que ten preparada a Federación Española ao equipo nacional feminino recentemente proclamado campión do mundo, así como aos campións de para-karate. Será ás 18:30 horas.
O broche de ouro ao Campionato poñerao o domingo o Kumite por equipos, que da mesma forma que o día anterior, arrincará ás 8:30 horas.
Neste evento participan preto de medio milleiro de deportistas procedentes de todos os recunchos da xeografía española, buscando obter o billete para o Campionato de Europa que se disputará en Croacia dentro de dous meses.
Trátase sen dúbida dun dos eventos de maior nivel disputados en Pontevedra ata a data.
Primeira xornada do Campionato de España Absoluto de Karate no Municipal
Este venres 5 de abril arrincou no Pavillón Municipal dos Deportes o Campionato de España Aboluto de Karate e Para-Karate, un novo evento do máximo nivel que achegará á Boa Vila preto de medio milleiro de deportistas
© Mónica Patxot