Emocionante homenaxe do Cisne a Pablo Picallo
Despois do triunfo ante o Ibiza no Pavillón Municipal, o Club Cisne Balonmano realizou a presentación dos equipos da base e un sentido e emotiva homenaxe a Pablo Picallo no que retiraron o dorsal 8.
Case dous anos despois da súa despedida, o club pontevedrés decidiu retirar a elástica do que foi o seu xogador durante 25 anos, os 13 últimos no primeiro equipo.
Durante o acto, Picallo respondeu unha serie de preguntas dos nenos e nenas da base do equipo branco e que foron presentados tras o encontro.
Imaxaes da homenaxe a Pablo Picallo e presentación dos equipos da base do Cisne
O Club Cisne Balonmán, despois do partido contra o Eivissa, presentou aos equipos da base e realizou unha sentida homenaxe a Pablo Picallo no que retiraron o dorsal 8
© Cristina Saiz