O Pontevedra B cae ante o Paiosaco e descende a Preferente (1-0)
Por Redacción
Un ano despois, o Pontevedra B regresa a Preferente tras caer diante do Paiosaco.
Foi mellor o equipo local durante a maior parte do tempo, facéndose dono do esférico consciente de que a permanencia en Terceira estaba xogo. O filial, pola súa banda, estaba practicamente condenado ao descenso.
Con todo, o conxunto pontevedrés foi capaz de manter afastado o perigo da súa meta e mesmo chegou a ter nas botas de Jaichenco o 0-1, pero ladeou demasiado e o seu disparo non atopou portería.
Despois do intermedio o dominio seguiu sendo do Paiosaco, que aumentou a presión e pasou acumular ocasión tras ocasión en área dun Pontevedra B que sacaba as castañas do lume como podía e que nada puido facer para evitar o gol. Moure, desde o saque de banda, colgou o balón á área e Popi tocou o xusto para cabecear ao interior da rede e subir o 1-0.
Os locais xa tiñan os tres puntos no peto e baixaron a velocidade con posesións máis longas que facían inviable a reacción dun filial granate que descende matematicamente de categoría cando aínda restan tres xornadas de liga.
Consulta a acta nesta ligazón