![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/54c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/6638ea7ebb-20240506_luisa-sanchez_poio-artai1.jpeg)
© Deputación de Pontevedra
O Poio Artai, a por o ascenso a Primeira Nacional na casa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O pavillón municipal da Seca acollerá a próxima fin de semana a fase de ascenso á Primeira Nacional de balonmán, co Poio Artai como un dos aspirantes.
A competición foi presentada oficialmente este luns coa presenza da presidente e vicepresidente do Poio Artai, Ángeles Torres e David Barcero, o alcalde e concelleiro de Deportes, Ángel Moldes e Tucho Muíños, a deputada provincial Luisa Sánchez e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides.
A competición arrincará o venres día 10 de maio co partido entre Unión Financera B e Ciudad de Villafrancha ás 19.00 horas, mentres que ás 21.00 horas debutará o Poio Artai fronte ao Pan Moguer.
O sábado ás 17.00 horas será quenda para o encontro entre Unión Financera B e Pan Moguer, e ás 19.00 horas entre Poio Artai e BM Ciudad de Villafranca.
Por último o domingo 12 de maio a xornada decisiva contará cos partidos Pan Moguer-Ciudad de Villafranca (10.30 horas) e Poio Artai-Unión Financera (12.30 horas).
"Esta fase de ascenso é moi importante, estamos falando dun clube con 26 anos de historia, referente no noso concello e xogaron unha liga con moi bos resultados. Agora esperamos culminar con esta fase final o ascenso", defendeu na presenctación o alcalde.
As entradas para a fase de ascenso poden adquirirse a través de www.entradium.com.