![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0d3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/663a0d98ae-438128891_944574371009847_7051679347326599510_n.jpg)
© Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra
Unha estrea en esgrima adaptada soñada para Samuel Ogando, con catro medallas no Campionato de España
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Vigo foi escenario a pasada fin de semana da terceira proba do Campionato de España de Esgrima en Cadeira de Rodas, unha cita na que se estreaba en competición o pontevedrés Samuel Ogando, deportista da Escola Hungaresa.
Con só 17 anos, a súa estrea na esgrima adaptada non puido ser máis positivo, e é que sumou ata catro medallas nas diferentes probas de espada e florete nas que participou.
A primeira delas chegou no torneo de florete, o que sumou dúas vitorias e dúas derrotas na fase previa clasificando en quinta posición antes dos cruces de eliminación. Despois superou o madrileño Nicolás Sainz por 15-8 e perdeu xa en semifinais co arxentino Carlos Freitas (5-15), conseguindo o bronce.
Na proba de florete por equipo chegaría o seu primeiro ouro, xunto a Iago Fernández (A Coruña) e Judith Rodríguez (Vigo).
Un calco do que sucedería no sabre, xa que Samuel colgou o bronce individual tras clasificar segundo na fase previa e gañar nos cuartos de final ao donostiarra Ayem Oskoz (15-6). En semifinais con todo caeu ante o seu compañeiro Iago Fernández (12-15).
O resultado completouno un novo triunfo de Galicia no sabre por equipos.