"O Galicia Open será espectacular e diferente"
O empresario Carlos Conde Gil cumprirá un dos seus soños coa organización do 'Galicia Open' que se celebrará en Pontevedra do 24 ao 30 de xuño.
Moito máis que un torneo, o A1 GALICIA OPEN é a organización de tres eventos diferentes nunha mesma semana cunha chea de cousas divertidísimas polo medio. Como prato principal desde logo temos A1 Padel, no que van xogar todas as estrelas do circuíto, pero tamén contaremos con xogadores doutros circuítos que se están animando a vir. Montaremos a pista central no pavillón dos deportes, outras tres pistas no Pazo de Cultura e organizaremos no Recinto Feiral unha expo internacional con presenza de moitas marcas. A feira abrirá ao público o xoves 27 de xuño ás 6:00 da tarde e realizarase o acto inaugural cunha Performance de Pablo Méndez e un partido de exhibición con catro primeiras pas a nivel mundial. Clinics e torneo amateur
Con respecto á parte da feira, Conde afirma que "fixemos unha aposta moi forte porque sexa unha feira moi boutique na que a repetición das marcas non sexa o máis común, é dicir, quero que todas as marcas que veñan teñan éxito e que sexan case únicas no evento. Ademais, nas tres pistas haberá constante interacción co público. Realizaremos clinics de pádel cos xogadores máis prestixiosos do mundo, partidos de exhibición e un torneo amateur".
O torneo amateur denominouse 'Copa de Campións Smilek', empresa que cedeu 50.000 € nas súas CriptoMonedas para que sexan repartidas entre premios e sorteos durante todo o evento. "No torneo amateur imos regalar 10.000 € en CriptoMonedas Smilek entre todas as categorías participantes. Dispoñeremos de catro categorías en homes e mulleres, pero será diferente porque as parellas deberán representar a un club, non só de España senón tamén de Portugal".
Convidámosvos a adquirir xa as entradas que están dispoñibles na plataforma enterticket.es: https://www.enterticket.es/eventos/a1-padel-galicia-open-353909