O Poio Pescamar mantén o ritmo de cabeza e o Leis gaña por primeira vez a domicilio
Por Redacción
Boa fin de semana na Segunda División feminina de fútbol-sala para Leis Pontevedra e Poio Pesacamar.
As poienses manteñen o ritmo do grupo de cabeza da competcición coa vitoria ante o Alovera de Guadalaxara no Pavillón da Seca (4-0). Ás mozas dirixidas por Marcio Santos custoulles adiantarse no marcador pero tras o gol de Ceci no minuto 18 conseguiron romper o partido e non pasar excesivos apuros. As vermellas seguen a tres puntos do primeiro posto que ocupa o Leganés Masdeporte, ao que deberán render visita a próxima xornada.
Na mesma categoría o Leis Pontevedra conseguiu estrearse a domicilio esta tempada derrotando ao Alcorcón B (3-8) nun encontro no que sufriron durante os primeiros cinco minutos. As paradas de Silvia mantiveron no choque ao equipo ata que as pontevedresas fixéronse co control e cunha vantaxe no marcador que souberon manexar ata o final.
O Leis masculino de Terceira División mantense en quinta posición
O equipo dirixido por Raúl Jimenez gañou ao Cidade de Viveiro (5-3) no Pavillón Municipal nun partido con menos abafos para os lerezanos do que reflicte o resultado final. Con estes tres puntos o Leis mantense nunha meritoria quinta praza da clasificación a só tres puntos do segundo na táboa, aínda que lonxe dun líder sólido como O Esteo.