Cotobade, primeira parada da Transgalaica 2014
Por Diego Espiño
Carballedo será o epicentro o próximo domingo 9 de marzo, dende as 10:00 horas, da primeira cita da Transgalaica 2014.
A proba, de BTT maratón, reunirá preto de 400 ciclistas entre os federados e a marcha cicloturista que completa a programación.
Os participantes percorrerán 54 quilómetros polos montes do municipio en "un circuito típico ya de inicio de temporada", segundo recalca o organizador da proba Javier Sánchez.
ÿ o quinto ano consecutivo que a Transgalaica pasa por Cotobade, dos nove que leva realizándose este circuíto, nunha edición que tamén parará en Tui (6 de abril) e Castrelo de Miño (4 de maio).
Entre os favoritos para a presente edición encóntranse os vencedores de 2013, Brandán Márquez e Susana Alonso.
A inscripción manterase aberta ata o próximo xoves a través de www.magmasports.es, cun prezo de 15 euros tanto para federados coma para a marcha cicloturista.
Os afeccionados, que sairán uns minutos despois que a proba competitiva, terán a opción de realizar unha ruta reducida de 27 quilómetros.