O Waterpolo Galaico organiza o primeiro Campus de Tecnificación Feminino
Por Diego Espiño
Promover e reivindicar o waterpolo feminino é o obxectivo do Club Waterpolo Galaico Pontevedra no primeiro Campus de Tecnificación Feminino que organiza este sábado 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller.
A piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolle a xornada, que reunirá a preto de medio centenar de xogadoras en categoría alevín, infantil, cadete e xuvenil coa presenza de deportistas da Asociación Coruñesa de Waterpolo e doutros clubs galegos.
No campus, segundo explica o directo técnico do Galaico Javi de Sáa, "se invita también a que vengan niñas a probar este deporte".
Durante tres horas os adestradores dos clubs participantes realizarán un traballo técnico coas mozas deportistas para finalizar cunha serie de partidos.
Para todo iso contarán coa colaboración de xogadoras do equipo abosulto do Galaico como Nahila Iglesias, que na presentación do evento quixo animar a probar un deporte "que implica mucho sacrificio pero que a la vez es muy agradecido y divertido".
A actividade arrancará ás 16:30 horas e prolongarase ata as 19:30 da tarde.