Catro partidos de sanción para Pablo Lede tras a súa expulsión en Abegondo
Por Diego Espiño
A expulsión de Pablo Lede o pasado domingo en Abegondo ante o Deportivo B vaille saír cara ao Pontevedra Club de Fútbol e ao propio futbolista.
Lede foi expulsado no minuto 72 de partido por vermello directo tras realizar unha entrada a Cañi.
A sorpresa chega porque ademais do partido de sanción esperado por esta acción, a Xuíza ÿnica de competición lle impuxo tres encontros máis de suspensión, ata facer catro en total, ao xogador de Poio "por actitudes de menosprezo e desconsideración cara aos árbitros".
Este suposto menosprezo recollido na acta arbitral produciuse cando Lede se retiraba cara ao túnel de vestiarios.
Segundo a Xuíza, a sanción de tres partidos baséase no artigo 117 de código disciplinario e "gradúase en función da gravidade e tipo de expresións proferidas ao colexiado".
A ausencia do centrocampista supón un grave prexuízo ao equipo adestrado por Manu Fernández, que tiña en Pablo Lede un dos seus titulares habituais.
O futbolista granate perderase os choques ante Barbadás, Cerceda, Negreira e ÿrdenes.
DESESTIMADA A RECLAMACIÿN DO GRIXOA
Noutra orde de cousas a Xuíza ÿnica de Competición e Disciplina desestimou o recurso presentado polo Grixoa por suposta aliñación indebida do Cerceda.
Relacionadas:
-
Unha polémica arbitraxe frea o Pontevedra que cae (2-0) ante o Deportivo B en Abegondo
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada