Os últimos minutos permiten ao BM Pontevedra remontar para impoñerse (27-25) o Bueu Atlético
Por Redacción
En xogo estaba a décima posición final na táboa. Con todo decidido BM Pontevedra e Bueu Atlético se xogaban exclusivamente quedar por diante do seu rival e lográrono os de Pedro Pérez, despois dun partido dominado polo equipo visitante, que foi por diante no marcador durante a práctica totalidade do tempo.
O equipo dirixido por Irene Vilaboa dominaba (23-25) a falta de sete minutos para o final, pero apagóuselles a luz en ataque, permitindo que os locais fixesen un parcial final de 4-0, co que conseguiron a vitoria nesta despedida ligueira.
BM PONTEVEDRA (27): Anxo Otero, Rodríguez (3), Domato, Fernando Rey (1), Suárez (6), Pablo Galán (1), Garrido (5), Daniel Gómez (2), Ángel Soliño (5), Iglesias (2), Gonzalo García (1), Urtaza (1) e Gonzalo Eloy.
BUEU ATLÿTICO (25): Risi, Yeray; Eloy Villanueva (6), Mauro Bacelar (1), Moncho Curra (5), Miguel Pumariega (3), David Iglesias (1), André Novas, Jacobo (1), Eloy Castro, Pablo Quintas (3), Santi (1), Andrés Bacelar (4) e Piedras.
Árbitros: Susana Reoyo Zamora e José María Reyes Incinillas (Castela-León). Excluíron por dous minutos a Fernando Rey (2), Suárez (2), Daniel Gómez, Ángel Soliño e Gonzalo Eloy, polo conxunto local, e a Mauro Bacelar (2), Andrés Bacelar e Piedras, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 2-0, 3-3, 3-7, 7-9, 10-12, 12-13 (descanso), 14-14, 16-18, 19-21, 21-23, 24-25 e 27-25 (final).
Incidencias: Pavillón Príncipe Felipe (Pontevedra). Uns 80 espectadores.