Álex, do Santiago Futsal B, convértese na segunda fichaxe do Leis
Por Redacción
O Leis Pontevedra segue configurando o equipo que competirá esta tempada na Segunda División B de Fútbol Sala.
Tras a incorporación do gardameta Piki e a renovación de boa parte do plantel, o conxunto adestrado por Manu Cossío confirmou a súa segunda fichaxe, Alejandro Sal de Rellán 'Álex'.
O futbolista, que actúa na demarcación de ala, procede do filial do Santiago Futsal, equipo do que era capitán tras formarse nas categorías base do club compostelán.
A pasada campaña, na que coincidiu co Leis en Terceira División, alternou os adestramentos co primeiro equipo do Santiago Futsal, con quen chegou a disputar algún encontro.
Tras esta fichaxe o Leis céntrase agora en pechar as dúas renovacións pendentes e lograr "unha ou dúas incorporacións máis" antes de dar por pechado o equipo.