Ana Román, reforzo contrastado para o xogo interior do Arxil
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil segue avanzando con paso firme na composición do plantel que afrontará a Liga Feminina 2 e dentro deste traballo anunciou un reforzo importante.
Trátase de Ana Román, xogadora procedente do Ibaizabal vasco, co que competiu en Liga Feminina a pasada campaña, e que chega ao conxunto verde para reforzar o seu xogo interior. "Es una pívot muy grande y con experiencia en la categoria. Nos viene bien sobre todo para poder ampliar los recursos de nuestro juego", manifestou o secretario técnico arxilista Lino Vázquez.
Román, xogadora viguesa de 31 anos e 1,92 metros de altura, pode actuar na posición "de catro ou de cinco", segundo indica o club pontevedrés. A súa media a última tempada foi de tres puntos e 15 minutos por partido, números que soben a 25 minutos, 9 puntos e 4 rebotes por encontro hai dúas campañas, na súa última participación na Liga Feminina 2.
Durante a súa carreira Ana Román defendeu ademásn as cores de Celta de Vigo, Pío XII e Bembibre.
O Arxil aínda traballa na chegada dunha fichaxe máis antes de dar por pechado o plantel sempre que se confirmen as renovacións que aínda faltan por selar.
Relacionadas:
-
Primeiro día de traballo para o Arxil
Por Redacción |
-
Ana Martín renova e cumprirá a súa décimo cuarta tempada no Arxil
Por Redacción |
-
Jara Tuda renova co Arxil coa intención de gañar protagonismo no primeiro equipo
Por Redacción |
-
Fany López continuará unha tempada máis no Arxil
Por Redacción |
-
Arxil-Araski e Cortegada-Aros León na primeira xornada da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Dous equipos vascos, principal novidade para o Arxil na nova tempada da Liga Feminina 2
Por Redacción |