Unha polémica decisión arbitral priva o Pontevedra xuvenil da vitoria sobre o Deportivo (2-2) en Abegondo
Por Redacción
Comezo de liga complicado para o Pontevedra xuvenil na división de honra. Visitaba o campo do Deportivo, en Abegondo, cun equipo moi renovado con relación á pasada tempada, pero está visto que o "Mundo do fútbol" se lle dá ben ás novas promesas granates, que alcanzaron un valioso empate fronte a un dos aspirantes ao título, e mesmo se viron privados da vitoria nunha polémica decisión arbitral que valeu o empate do conxunto herculino.
Os locais adiantábanse no último minuto do primeiro tempo por medio de Nico, pero o Pontevedra conseguía dar a volta na segunda parte, empatando primeiro, por medio de Ramón, facendo Nacho o segundo, no minuto setenta.
A falta de quince minutos chegaba a xogada clave, cando o árbitro ordena repetir o lanzamento dunha falta que Nacho fallara no primeiro intento, establecendo o empate definitivo.
DEPORTIVO (2): Anxo; Blas, Pedro, Hugo, Pablo, Queco (Sergio, min. 70), Álvaro, Moncho, Roi, Miguel e Nico (Moure, min. 70).
PONTEVEDRA CF (2): Álex; Dani, Aguete, Esteban, Gago, Fernando, Abraham (Juan, min. 93), Rubén (Marcos, min. 67), Ramón (Josiño (min. 75), Rosal (Nacho, min. 65) e Otero.
Árbitro: Pablo Brea Peón (Ferrol). Expulsou o adestrador granate, Rubén Sotelo. Amoestou a Blas, polo Deportivo, e a Álex, Aguete, Fernando, Ramón e Otero, polo Pontevedra.
Goles: (1-0) Minuto 44: Nico. (1-1) Minuto 55: Ramón. (1-2) Minuto 70: Nacho. (2-2) Minuto 75: Hugo.
Incidencias: Campo o Mundo do Fútbol (Abegondo). Primeira xornada da División de Honra de xuvenís. Uns 100 espectadores.