O Ribadumia resiste en Cerceda (1-1) e mantense no alto da táboa
Por Redacción
Non sabe aínda o que é perder en Terceira División. Na tempada do seu debut na categoría o Ribadumia mantense na cabeza catro xornadas despois tras sumar o seu segundo empate, no difícil campo do Roxo ante o Cerceda (1-1).
Ambos os dous equipos repartíronse os puntos e tamén o liderado nun encontro con dúas partes moi diferenciadas.
Na primeira metade os de Gabi Leis mostráronse moi efectivos e aproveitaron unha acción a balón parado para adiantarse no marcador, por medio de Sylla.
Acusou o golpe o Cerceda, pero o paso polos vestiarios esporeou aos locais, que empataron xa no minuto 47 nun penalti cometido por Miguel que transformou Agulló.
A partir dese momento o Cerceda buscou o triunfo, pero o Ribadumia soubo defenderse para manter o resultado.
CCD CERCEDA (1): Rumbo, Noé, Juan (Uxío, min.46), Angeriz, Caridad, Agulló, Cano, Jonatan, Dani (Yosi, min.62), Martín, Peloto (Herbert, min.43).
CD RIBADUMIA (1): Roberto Pazos, Pacheco, ÿscar Río, Miguel, Adrián, Bisti, Sylla (David Pérez, min.82), Jesu (Martín, min. 59), Sidibé, Changui, Padín (Jorge Pérez, min.85).
Árbitro: Goyanes López. Amoestou a Miguel, Adrián e Martín no Ribadumia.
Goles: 0-1 Sylla, min.21; 1-1 Agulló de penalti, min.47.
Incidencias: Partido disputado no campo do Roxo, Cerceda.