Alina Maksymenko, experiencia olímpica para as ximnastas de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Ximnasia Rítmica de In Mare de Marín organiza durante a fin de semana unha 'máster class' a cargo da ximnasta olímpica Alina Maksymenko.
Toda unha oportunidade para as novas ximnastas participantes, maiores de sete anos, que poderán compartir experiencias coa deportista ucraína o sábado 27 e o domingo 28, nunhas xornadas que se desenvolverán no Pavillón da Raña.
Maksymenko, que xa se encontra en Marín e foi recibida pola alcaldesa, protagonizará ademais unha exhibición final ás 19:30 horas do domingo.
A entrada para a exhibición, tamén na Raña, será de balde para o público.