Tres partidos de sanción para Manu Fernández e un para Capi tras as súas expulsións en Vilalba
Por Diego Espiño
Era esperada pero non tan elevada a sanción que deberá afrontar o técnico do Pontevedra, Manu Fernández, tras a súa expulsión o pasado domingo en Vilalba.
A Xuíza ÿnica de competición castigou o preparador lerezano con tres encontros de sanción, dous por "protestar de forma ostensible ou insistente ao árbitro principal ou asistentes", o que era previsible, e outro máis por "o incumplimento da obligación de, trala súa expulsión, abandonar o terreo de xogo e dirixirse aos vestiarios, sen posibilidade de presenciar o partido dende a grada.
Fernández cumprirá a devandita sanción ante o Silva en Pasarón, Cultural de Areas a domicilio e Boiro na casa, a pesar de non se mostrar conforme co motivo da súa expulsión.
Por outra parte a resolución da Xuíza ÿnica comfirma o encontro de suspensión pertinente para Capi tras ser expulsado por dobre amoestación.
Esta baixa, unida aos problemas físicos que arrastra Campillo, podería deixar en cadro a zaga granate e obrigar a Manu Fernández a refacer a súa defensa, unha demarcación que conta con poucos futbolistas específicos.
Campillo arrastra molestias musculares nos abdutores que o empurraron a pedir o cambio ante o Villalbés.