Reunión dos clubs da cidade coa Deputación para regular o uso de Príncipe Felipe
Por Redacción
Representantes de 57 clubs deportivos da cidade acudiron este luns a unha reunión convocada pola Deputación de Pontevedra para regular o uso das instalacións de Príncipe Felipe.
Á cita asistiron 21 clubs federados de fútbol, 6 de balonmán e fútbol sala e 30 de veteranos, para coñecer de primeira man os trámites necesarios para usar o renovado campo de fútbol da cidade infantil ou o resto de instalacións, como o pavillón.
Na reunión, presidida polo presidente provincial Rafael Louzán, explicouse o equipamento co que contarán as instalacións, como mobiliario ou desfibrilador, ademais de adiantar as previsións de apoio económico que a Adminitración pretende incluír nos próximos presupostos.
En relación ao campo de fútbol a súa renovación está concluída, só falta completar a obra dos novos vestiarios.
Relacionadas:
-
Rafael Louzán confirma a súa candidatura á presidencia da Federación Galega de Fútbol
Por Alejandro Espiño |
-
A Copa Deputación, tamén para o fútbol feminino e a base
Por Redacción |
-
O fútbol feminino pontevedrés traslada as súas demandas ao presidente da Deputación
Por Redacción |
-
O campo de fútbol da Cidade Infantil Príncipe Felipe chamarase 'Felipe VI'
Por Diego Espiño |