Dobre medalla para Bea Gómez no arranque do Campionato de España de Piscina Curta
Por Diego Espiño
Gran inicio de Bea Gómez Cortés no Campionato de España en Piscina Curta que se está celebrando na localidade catalá de Sabadell.
A nadadora pontevedresa colgouse dúas medallas nunha intensa primeira xornada de competición.
Bea finalizou logrou a prata nos 200 estilo libre quedándose a un paso de bater o seu propio record galego (1:57.12) sendo só superada por Melani Costa (1:53.96).
Pola súa banda a lerezana finalizou terceira nos 1.500 libre (15:52.85) nunha proba na que Mireia Belmonte alzouse co ouro batendo o record do mundo (15.19.71). A ribeirense María Vilas foi segunda cun tempo de 15:46.06.
A participación do Galaico na primeira xornada completárona Lara Gómez cun trixésimo posto nos 1.500 (17:34.05), Paula Goyanes vixésimo terceira nos 200 libre (2:03.53), Nuria Erselle finalizando no posto 43 tamén nos 200 libre (2:07.02) e Daniel Sánchez cun trixésimo sétimo lugar nos 1.500 (16:06.25).
Ademais o relevo 4x100 feminino acabou décimo quinto cun tempo de 3:53.49.
Relacionadas:
-
O Campionato Galego de Inverno, novo reto para o Club Natación Galaico
Por Redacción |
-
Broche de prata no Nacional de Piscina Curta para Bea Gómez coa súa quinta medalla
Por Diego Espiño |
-
Segundo doblete para Bea Gómez no Nacional de Piscina Curta de Sabadell
Por Diego Espiño |
-
O Galaico despraza oito nadadores a Sabadell para disputar o Nacional Absoluto de Inverno
Por Redacción |