Traballo de despacho no Teucro pensando no posible ascenso a Asobal
Por Diego Espiño
No deportivo apélase á prudencia, a pesar da envexable posición do equipo na clasificación, pero nos despachos a Sociedad Deportiva Teucro púxose a traballar pensando na posibilidade de lograr o ascenso á máxima categoría do balonmán nacional.
A directiva azul iniciou este luns unha rolda de contacto coas administracións públicas. Fíxoo no Concello de Pontevedra, onde se reuniu co alcalde, pero tamén solicitou xa encontro en Deputación e Xunta de Galicia.
O obxectivo é coñecer o apoio que recibirá o club en caso de xogar na Liga Asobal e así poder cadrar as súas contas. Non queren dende a directiva presidida por Carlos García-Alén que a incerteza económica comprometa o salto de categoría nin encontrarse en verán coa auga ao pescozo.
As previsións coas que traballa o Teucro é que o capítulo de gastos ascenda en Asobal en 90.000 euros con respecto aos da actual tempada, un diñeiro que corresponde aos dereitos de participación na competición, as taxas federativas, arbitraxes, seguros ou o custo do equipo, que se incrementaría, en preto de 20.000 euros.
No que respecta á cita co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a sensación é "satisfactoria", recoñeceu García-Alén, moi afastada da xerada tras os encontros do Parador de hai un ano.
O rexedor pontevedrés "reconoció el trabajo de estos años de la directiva" e que "para la ciudad es muy importante que el Teucro esté en Asobal", declarou o presidente do club.
Entre os asuntos tratados falouse dun posible incremento no nivel de subvencións, a colaboración municipal nos actos de 70 aniversario da entidade e, o máis importante para o dirixente azul, "ayuda en la gestión para tratar de encontrar un patrocinador principal", sinalou Carlos García-Alén.
XORNADA DE RECUPERACIÿN NA TOXA
No deportivo o Teucro iniciou a semana cunha xornada de recuperación no Hotel Balneario Isla de La Toja, na que estiveron presentes todos os xogadores agás David Chapela, Carlos Pombo, César Armán, Jose Ameijeiras e Iago Gómez por incompatibilidade horaria.
"Nos vendrá muy bien para los últimos ocho partidos de la temporada. Estas sesiones de recuperación son necesarias", recoñeceu o preparador físico, Toño Puga.
O primeiro equipo do Teucro retomará este martes os adestramentos coa vista posta no choque do próximo sábado na pista do BM La Roca.
Relacionadas:
-
Na busca de 100.000 euros para poder competir en Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Teucro resolve na segunda parte (26-34) ante BM La Roca, ampliando distancia co Go Fit
Por Redacción |
-
O Teucro visita a cancha de La Roca cun só pensamento: "No podemos fallar ahora"
Por Diego Espiño |
-
A Selección Arxentina Júnior fíxase no teucrista Gonzalo Carró
Por Redacción |
-
Dez minutos abondan ao Teucro para dar conta dun frouxo Barakaldo (32-20) nun partido cómodo
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Directiva renovada para afrontar os novos retos na SD Teucro
Por Diego Espiño |