Os regatistas do Club de Mar Aguete Pablo García e Andrés Álvarez, prata no Nacional da clase 420
Por Redacción
Gran resultado para o pontevedrés Pablo García e o buenense Andrés Álvarez no Campionato de España de vela da Clase 420 disputado en augas de Puerto Sherry, na Bahía de Cádiz.
A tripulación do Club de Mar Aguete colgouse a medalla de prata no Nacional na categoría xuvenil despois de catro días de competición.
Este resultado, unido ao logrado en outubro na Copa de España celebrada en Valencia, clasificou directamente os pontevedreses para o Mundial ISAF 2015 que se disputará en Malaisia ao situarse no primeiro posto do ranking nacional.
Antes, os regatistas do Club de Mar Aguete acudirán tamén ao Campionato de Europa na localidade búlgara de Bourghas.
Relacionadas:
-
Andrés Álvarez e Pablo García avanzan ata as finais do Europeo da clase 420
Por Redacción |
-
Andrés Álvarez e Pablo García triunfan na clase 420 da Copa Internacional de Francia
Por Redacción |
-
Pablo García e Andrés Álvarez, do Club de Mar Aguete, campións galegos de vela na clase 420
Por Redacción |