O Tríatlon Rías Baixas atrásase ata o mes de xuño na súa segunda edición
Por Redacción
Tras o éxito organizativo obtido na súa primeira edición, Sanxenxo volverá acoller este ano o Tríatlon Rías Baixas organizado polo club GV Sports.
Farao non obstante nunha nova data, deixando o mes de maio para irse ao domingo 14 de xuño para solucionar unha petición dos deportistas, "que el agua estuviese más caliente, que era la única pega que nos ponían el año pasado", recoñece Anxo Graña.
Graña, representante do club pontevedrés, reuniuse coa deputada provincial Begoña Estévez na entrega dunha cantidade para o financiamento da proba, confirmando que se manterá o percorrido da pasada edición cunhas mínimas variacións.
Así o tríatlon se disputará sobre distancia olímpica (1,5 quilómetros de natación, 40 de bicicleta e 10 de carreira a pé) coa prohibición de ir a roda no sector de ciclismo.
Entre as novidades incluirase unha pasada pola area de Silgar en metade da natación e a hora de saída que se atrasa ata as 9:30 da mañá.
O tramo ciclista discorrerá como o pasado ano polo bordo costeiro ata a zona da Lanzada, mentres a carreira a pé unirá Silgar co porto de Portonovo.
A inscrición para a proba roza xa o límite de prazas (350), un número que non se ampliará para evitar que a carreira "se convierta en un tumulto de gente", explicou Anxo Graña.