28 medallas galegas na modalidade de combate cadete e júnior do Open de España de taekwondo
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Bo papel dos representantes galegos na segunda xornada do Open de España de Taekwondo que se está a celebrar en Pontevedra.
O Pavillón Municipal dos Deportes viviu este sábado unha intensa xornada de competitiva coa modalidade de combate para as categorías cadete e júnior.
Preto de 800 deportistas protagonizaron unha xornada que arrancou ás 8:00 da mañá e pechouse pouco antes da media noite.
Os taekwondistas galegos sumaron nese tempo un total de 28 medallas. 23 delas chegaron na competición cadete, onde o pontevedrés Unai Silva (Mace Sport) se impuxo na final de -57 quilos ao marinense Noh Pereira (Mat's), con outro galego, Rodrigo Varela (Luar) no bronce.
Os outros ouros foron para Arlet Ortiz, Aitana Santomé, Alma Pérez e Tania Castiñeira (+59). Ademais foron prata Alba Vidal, Brais Guardado, Brian Franco e Sergio Iglesias e lograron a medalla de bronce Celia Losada, Zaira Vázquez, Leticia Trigo, Carla Muñiz, Silvia García, Nerea Piedras, Elena Currás, Víctor Posada, Moisés Cameán, Sergio Gonzalo, Alejandro López e Luis Silva.
Pola súa banda na competición júnior as preseas foron cinco, todas elas de bronce, nun open que destacou polo gran nivel competitivo.
Os medallistas foron Lara Pazos (Mat's), Ainhoa Boubeta (68, Patiño), Miguel Orro (Natural Sada), Anxo Fernández (Arte e Movemento) e Miryam García (Patiño).
O Open de España vivirá durante o domingo a súa terceira e última xornada co seu prato forte, a modalidade de combate en idade sénior.
Relacionadas:
-
Pontevedra intentará organizar de novo o Open de España de taekwondo "en 2016 ou 2017"
Por Diego Espiño |
-
Lúa Piñeiro e Katya Calvar, bronce en Pontevedra no Open de España G-1
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Open de España de Taekwondo levanta o pano cunha animada primeira xornada de competición
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro, ante o Open de España en Pontevedra: "Será un importante test cara o Mundial"
Por Redacción |
-
O Municipal prepárase para un Open de España de taekwondo que "supera todas as previsións"
Por Diego Espiño |
-
Os medallistas olímpicos Joel González e Brigitte Yagüe, entre os inscritos para o Open de España en Pontevedra
Por Diego Espiño |