Preto de 3.000 persoas gozan dunha espectacular BTTinto
Por Redacción
Ten só catro anos de vida, pero consolidouse como unha das probas deportivas de maior asistencia de cantas se celebran na provincia.
A Ruta BTTinto, na súa cuarta edición, volveu bater o seu record de participación con case 3.000 deportistas inscritos, que tomaron a saída ás 9:30 horas da mañá do domingo dende a Praza do Concello de Ribadumia.
Esquecéndoselle a chuvia que protagonizou a edición do pasado ano, os participantes contaron esta vez cunha gran xornada soleada para gozar dos 49 quilómetros de ruta ciclista polos montes da bisbarra.
A dos 49 quilómetros foi a opción máis demandada, pero moitos optaron por realizar a opción curta de 35 quilómetros ou participar na ruta de sendeirismo de 20 quilómetros, o trail de montaña coa mesma distancia ou a proba combinada, con BTT e carreira a pé.
A Ruta BTTinto estivo un ano máis organizada polo Concello de Ribadumia coa colaboración de Club Ciclista Salnés, CDM Xesteiras, Salnés Bici e Armenteira e Punto dentro do programa de actos da Festa do Viño Tinto de Barrantes.