Reunir medio milleiro de atletas, obxectivo da segunda carrera+8K San Xoán de Poio
Por Redacción
Por segundo ano consecutivo Poio aposta por unha carreira popular dentro da programación das festas de San Xoán, a +8K San Xoán de Poio.
A proba, que aspira a reunir a 500 atletas entre as categorías sénior e as de menores, disputarase o sábado 20 de xullo.
A saída da proba absoluta darase ás 20:00 horas dende o Parque da Memoria, para percorrer 8.000 metros pola Seca, Campelo, Lourido e Portosanto antes de chegar á meta, situada no Centro Comercial A Barca.
Trátase dun "percorrido fácil, cómodo e bonito" que espera atraer un bo número de participantes, segundo explicou a concelleira de Deportes, Marga Caldas.
Unha hora despois da carreira absoluta disputaranse as de menores, no ámbito da Barca, dentro dunha programación que inclúe inchables, postos promocionais e clases ximnasia de mantemento (12:00 horas) ou de Zumba (18:30 horas), co obxectivo de involucrar a toda a familia no evento.
A inscrición pode formalizarse ata o 17 de xuño na web www.cronotec.es cun prezo de 5 euros, de balde para os menores que poderán anotarse antes da carreira.