Luisito gaña a renovación e seguirá adestrando ao Pontevedra en Segunda B
Por Diego Espiño
Chegou ao Pontevedra nunha situación complicada, cando o mes de outubro tocaba case ao seu fin e se encaraba a décima xornada de liga. Agora, oito meses despois e cun loitado e sufrido ascenso no peto, gañou a renovación.
Luisito seguirá sendo adestrador do primeiro equipo granate no seu regreso á Segunda División B, a teor dos declarado ao final do partido ante o Haro pola presidenta, Lupe Murillo, e o propio técnico.
Lupe Murillo: "Luisito será el entrenador del Pontevedra Club de Fútbol si él lo quiere la temporada que viene"
Murillo explicou en sala de prensa que "Luisito será el entrenador del Pontevedra Club de Fútbol si él lo quiere la temporada que viene", aínda que nos seus plans estaba ofrecerlle a continuidade "ascendiésemos o no".
A dirixente pontevedresa destacou a actitude do adestrador dende que chegou a Pasarón, adaptándose "a las duras condiciones económicas que teníamos. Él no pidió absolutamente nada, se ciñó al presupuesto que teniamos, cogió la plantilla que le dimos y la hizo mejor, más no se le puede pedir", relatou a presidenta antes de recoñecer que "mi filosofía es la de Luisito".
Tras Lupe Murillo foi Luisito o que declarou ante os medios de comunicación que falará co club pero "evidentemente decirle que no al Pontevedra es muy complicado, porque a mí el Celta y el Deportivo creo que no me va a llamar, y mejor club en Galicia que el Pontevedra es complicado, por eso me siento orgulloso de haber ascendido a este gran club".
Luisito: "Decirle que no al Pontevedra es muy complicado"
O técnico granate mostrouse agradecido a "Lupe, Roberto y todo el consejo" pola súa intención de renovalo aínda que o equipo quedase en Terceira.
Con todo a presidenta do Pontevedra sinalou que "no lo hemos hablado con el Consejo", pero asegurou que "todos entenderán la decisión que acabo de tomar" ao ofrecerlle a renovación ao adestrador que devolveu á entidade granate a Segunda B tras catro anos de penurias en Terceira División.
Relacionadas:
-
Ratifican a composición dos grupos de Segunda B: o Pontevedra xogará contra os navarros
Por Alejandro Espiño |
-
Acordo con Luisito para prorrogar o seu contrato por unha tempada
Por Redacción |
-
Feijóo homenaxea polo ascenso a un Pontevedra "que lle cae ben a todo o mundo"
Por Diego Espiño |
-
O núcleo duro do equipo, con contrato en vigor
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
A Pedreira despide as celebracións do ascenso do Pontevedra coa recepción do Concello
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Segue a festa do ascenso cunha recepción na Deputación e a foto oficial da tempada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A festa do ascenso do Pontevedra en imaxes
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Estamos de volta! O Pontevedra repite ascenso e resultado (3-0) once anos despois ante un Pasarón abarrotado
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |