Chuvia de medallas para os padexeiros pontevedreses no Nacional de piragüismo en la pista de Verducido
Por Redacción
Gran fin de semana de piragüismo o que se viviu en Verducido. Centos de deportistas participaron durante os últimos días nos Campionatos de España de piragüismo en pista, un torneo que como vén sendo habitual tivo un notable protagonismo dos padexeiros pontevedreses, tanto a título individual coma por equipos. Aínda así, o triunfo foi para o Club Náutico de Sevilla, que se proclamou campión de España en Pontevedra.
O campionato arrancaba o venres cunha lixeira chuvia sobre a pista pontevedresa. A competición iniciábase cos barcos individuais sobre as distancias de 500 e 1.000 metros e nelas Iago Monteagudo (Club Naval Pontevedra) foi o primeiro en colgarse a medalla de ouro. Foi na proba xuvenil de K-1 1.000 metros. Logrou a vitoria nun apertado final con Víctor Pardo del Piragüismo Cuenca con Caracter e Ramón Lecumberri de Club Náutico Sevilla.
Tamén na carreira sénior de C-1 1.000 houbo vitoria local. Diego Romero (Breogán do Grove) gañou o ouro por diante de Brais Casas del Club Kayak Tudense e do cesureño do Club Náutico Firrete André Oliveira. Nesta proba, Sergio Vallejo (Piragüismo Poio) logrou unha meritoria quinta posición e o seu compañeiro, Álex Bernárdez, foi primeiro na categoría xuvenil. A mañá completábase coa medalla de bronce de Carla Sieiro (Club Naval Pontevedra) na proba xuvenil feminina de K-1 1.000 metros.
Xa pola tarde, foi a quenda das probas sobre 500 metros. Un dos grandes protagonistas foi Adrián Sieiro (Piragüismo Poio), que colgou a medalla de ouro na proba de C-1 500 metros, na que se impuxo a Brais Casas e José Luis Bouza, ambos os dous do Kaiak Tudense. Non sería o seu único ouro, xa que gañou tamén na categoría sub-23, neste caso por diante de Brais Casas e do seu compañeiro de equipo, Daniel Durán.
Ademais, Carla Sieiro logrou o seu dobre de bronce ao quedar terceira en K-1 500 xuvenil e outra pontevedresa, Jenifer Casal (Cidade de Pontevedra), foi segunda na carreira sénior de C-1 500. Nesta última proba a súa compañeira Raquel Rodríguez foi cuarta, o mesmo posto que logrou Natalia García (Breogán do Grove) na carreira de K-1 500.
O SÁBADO, AS EMBARCACIÓNS DOBRES
Con mellor tempo disputáronse o sábado as probas das embarcacións dobres. Nelas, a parella formada por Raquel Rodríguez e Jenifer Casal (Ciudad de Pontevedra) lograron a medalla de ouro na distancia de C-2 500 metros; mentres que Diego Romero e Ton Campos fixeron o propio na categoría masculina. Ademais, primeiro foi tamén o Club Breogán do Grove en C-4 1.000 metros, que foron prata sobre 500 metros.
Na categoría xuvenil, o Club Naval Pontevedra conseguiu a medalla de ouro K-2 1.000 metros grazas á vitoria de Iago Monteagudo e Adrián García -que sumaron unha prata máis na distancia de 500 metros-; mentres que os seus veciños do Ciudad de Pontevedra se colgaron o bronce. A C-2 formada por Isabel Noya e Noelia Rodríguez do Ciudad de Pontevedra foron segundas na distancia de 500 metros.
AS CARREIRAS SOBRE 200 METROS, O DOMINGO
O Piragüismo Poio fixo historia, sen dúbida, na última xornada destes campionatos de España. Gañárono todo sobre a canoa na distancia de 200 metros: Adrián Sieiro (C-1), Adrián Sieiro e Jacobo Lores (C-2) e Adrián Sieiro, Jacobo Lores, Sergio Vallejo e David Novas (C-4). En categoría xuvenil, Alex Bernardez gañou no C-1 e foi prata no C-2 co seu compañeiro Iván Vallejo.
Relacionadas:
-
Diego Romero logra praza para o Mundial de Milán coa vista posta nos Xogos Olímpicos
Por Redacción |
-
Recepción municipal aos medallistas pontevedreses no Nacional de piragüismo en pista
Por Redacción |
-
Os clubs de piragüismo disporán de máis embarcacións subvencionadas pola Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Óscar Graña e Ramón Ferro, prata no Europeo de piragüismo maratón; Fiuza, bronce
Por Redacción |
-
O pontevedrés Damián González roza as medallas no Europeo de piragüismo maratón
Por Redacción |