Brotes verdes no fútbol feminino pontevedrés
Por Redacción
Cando hai uns anos o Pontevedra Club de Fútbol renunciou ao seu equipo feminino o golpe foi duro para o fútbol feminino na cidade, pero iso non logrou frear o seu crecemento.
Esta tempada serán tres os equipos con sede na capital provincial os que participen no Grupo 2 da Segunda División: Ciudad de Pontevedra, Atlético Pontevedra Féminas e Salcedo.
O primeiro deles arranca este xoves de feito a súa terceira tempada de vida con Javi Feijóo como responsable técnico e aínda sen pechar o seu plantel.
A liga regular comezará o 6 de setembro e farao na casa para o Ciudad de Pontevedra ante o Puentearnelas, mentres o Salcedo se estreará a domicilio ante o Tyde, ao igual que o recén creado Atlético Pontevedra Féminas, que visitará o Arnelas FC.
A Federación Galega de Fútbol fixo público estes días o calendario completo da competición.