Domingo de atletismo en Silgar coa XVI Milla Urbana
Por Redacción
Será un domingo de deporte na praia de Silgar, en Sanxenxo, e é que as finais da Copa RFEF de Fútbol Praia se une a décimo sexta edición da Milla Urbana Vila de Sanxenxo.
A organización espera a presenza de centos de atletas na proba popular, que arrancará ás 12:00 horas coas carreiras de menores.
A competición, como en edicións anteriores, se centrará no paseo de Silgar, con diferentes distancias en función das categorías.
Prebenxamíns, benxamíns e alevíns correrán 400 metros, infantís e cadetes 800 metros e júnior, sénior, veteranos e deportistas federados afrontarán os 1.609 metros que compoñen a milla.
Os atletas que non se inscribisen previamente poderán facelo o mesmo día da carreira na Avenida Luis Rocafort dende as 9:30 ata as 12:00 horas.
Na categoría de federados recibirán premios en metálico os primeiros cinco clasificados, masculinos e femininos: 500 euros para os gañadores, 250 para os segundos, 125 euros para os terceiros, 75 para os cuartos e 25 euros para os quintos.