A canteira do Tenis de Mesa Monte Porreiro, en plena forma
Por Redacción
As categorías inferiores do Tenis de Mesa Monte Porreiro seguen apuntando alto, neste caso dentro da Selección Galega Infantil Feminina.
A pontevedresa Noelia Santiago proclamouse a pasada fin de semana campioa do Torneo Interterritorial 2015, celebrado en Santander coa presenza das mellores seleccións territoriais.
Noelia, que xa debutou a tempada pasada co equipo de División de Honra do Monte Porreiro, "será xogadora do primeiro equipo sen dúbida" este mesmo ano, segundo explica o presidente do club, Lucho Álvarez.
Os equipos feminino e masculino do Tenis de Mesa Monte Porreiro competirán este curso, un ano máis, en División de Honra, a segunda categoría nacional.