Alto ritmo na venda de entradas para o torneo do World Padel Tour
Por Redacción
Vilagarcía e Caldas de Reis quentan motores para o Open Galicia do World Padel Tour, que comeza oficialmente o vindeiro luns 12 de outubro coa fase previa nas instalacións de Condesas Sport en Caldas.
Alí disputaranse, ademais da previa, oito encontros do cadro principal o mércores 14, antes de que a competición se trasladae ao seu escenario central, o Fexdega da capital arousana.
A cita, noveno torneo da tempada no circuíto mundial, levantou unha notable expectación, traducida no bo ritmo de venda de entradas para a fase final.
Fexdega contará con bancadas con capacidade para 2.400 persoas e desde a organización, pese a que non queren dar cifras concretas, xa falan de poder colgar o cartel de 'non hai billetes' para as últimas e defenitivas xornadas: venres 16, sábado 17 e domingo 18.
As entradas pódense adquirir na web www.worldpadeltour.com e en diversos puntos habilitados en Galicia, como Padel Bao en Pontevedra ou en Padelcool do Grove.
As xornadas da fase final comezarán ás 9:30 horas tanto mércores como xoves, mentres o venres a xornada empezará ás 16:00 horas e o sábado ás 10:00 e ás 17:00 horas. As finais fixáronse para o domingo 18 ás 10:00 e 12:00 horas.
Relacionadas:
-
Os favoritos non fallan na final do World Padel Tour disputada en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Fexdega vibra co inicio da fase final do Open Galicia World Padel Tour
Por Redacción |
-
O World Padel Tour pon á venda as entradas para o torneo que se celebrará en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Vilagarcía e Caldas de Reis acollerán en outubro un torneo do World Padel Tour
Por Diego Espiño |