O Teucro roza a vitoria en Benidorm (33-33) e termina conseguindo un excelente punto
Por Redacción
Rozou a vitoria e terminou salvando un valioso punto, o primeiro a domicilio nesta liga Asobal. O Teucro tivo á súa mercé ao Benidorm, que reaccionou na recta final e dispuxo dun último ataque no que Emilio Esteban atopouse cunha gran intervención de Ricardo Amérigo, que evitou a vitoria alacantina.
Os locais empezaron mandando, pero serían os homes de Quique Domínguez quenes impuxesen o seu mellor xogo e especialmente a súa velocidade no primeiro tempo. Con Erik Balenciaga e Dani Hernández dirixindo ao equipo, ben secundados por David Chapela, sería Carlos García, autor de 11 goles, quen se convertese nun tormento para os locais.
Ao Benidorm custáballe atopar o seu ritmo en ataque, pero a entrada de Diego Moyano na portería permitiulle frear lixeiramente a facilidade coa que o Teucro facía gol, pero sen poder evitar que os galegos se fosen ao descanso con dous tantos de vantaxe (16-18).
Ao regreso de vestiarios o Teucro ampliaba a súa renda cunha máxima diferenza de catro goles (20-24) para entrar no últimos cinco minutos con dous arriba (29-31). Parecía que os puntos se ían a escapar de Benidorm, pero os locais reaccionaron poñéndose por diante a falta de tres minutos para a conclusión.
Cando peor pintaban as cousas para o Teucro, que xogaba en inferioridade numérica, Víctor Rodríguez conseguía empatar a falta de escasos segundos, tempo suficiente para que Emilio Esteban puidese marcar de novo na última xogada, pero Ricardo Amérigo apareceu para salvar un máis que merecido punto.
BM BENIDORM (33): Pablo Chantada; Marchán (1), Emilio Esteban (4), David Jiménez (5), David Cuartero (1), Brive (5), Padilla -sete inicial-, Diego Moyano, Amarelle (2), Javi Sánchez (2), Óliver, Folques, Grau (7), Salinas (6) e Nacho.
SD TEUCRO (33): Ricardo Amérigo; Víctor Rodríguez (1), Gonzalo Carró (2), Dani Hernández (6), Erik Balenciaga (3), García Pichel (1), Carlos García (11, 3 de penalti) -sete inicial-, Andrés Delgado, Arkaitz Piriz, José Manuel Rial (1), Samu Gómez (1), Román Pedreira, Iván Fernández (2), David Chapela (5) e Edu Moledo.
Árbitros: Ignacio García Serradilla e Andreu Marín Lorente (Colexio Catalán). Excluíron dous minutos a Brive, por parte do Benidorm, e a Dani Hernández, Erik Balenciaga, Víctor Rodríguez (2), Gonzalo Carró e Carlos García, polo Teucro.
Marcador (cada cinco minutos): 4-4, 7-8, 10-11, 11-14, 13-14, 16-18 (descanso), 18-21, 20-24, 24-25, 29-31 e 33-33 (final).
Incidencias: Palau d´Esports l´Illa (Benidorm). Uns 750 espectadores.
Relacionadas:
-
Fraikin Granollers acredita o seu excelente momento e non dá opción ao Teucro (35-25)
Por Redacción |
-
Granollers, reto de altura para un Teucro que non renuncia a nada
Por Diego Espiño |
-
Condenados a pagar máis polas viaxes ante a pouca previsión de Asobal
Por Diego Espiño |
-
Benidorm espera a un Teucro convencido de lograr o seu primeiro triunfo a domicilio
Por Diego Espiño |
-
O Teucro, ante o difícil reto de sumar puntos como visitante na Asobal
Por Redacción |
-
Máis "guerreiros azuis" que nunca para derrotar (31-29) a un bo Puerto Sagunto
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |