A Pinga-Pinga consolídase cunha concorrida sexta edición
Por Diego Torrado
Santo Tomé de Piñeiro volveu gozar este sábado, por sexto ano consecutivo, dunha animada xornada de atletismo popular coa carreira Pinga-Pinga organizada polo Club Pinarium.
Máis de 500 atletas tomaron parte na proba nas súas diferentes categorías, empezando polas probas de menores e terminando coa carreira absoluta, na que participaron 206 deportistas.
Akka Essaadaoui foi o vencedor na categoría masculina cun tempo de 23:33, seguido do marinense Víctor Riobó (24:35) e José Alberto Bastos (24:56).
En categoría feminina a máis rápida foi Leticia Fernández (28:17), completando o podio Anais Rivas (29:22) e Marina Caballero (30:41).
A cita coincidiu como é habitual coa Festa da Sidra que se organiza na parroquia marinense.