Adrián Camiño, sancionado economicamente polo Arosa por uns comentarios en redes sociais
Por Redacción
O Arousa decidiu impoñer unha multa económica ao seu capitán, Adrián Camiño, tras un desafortunado episodio nas redes sociais.
O xogador, tras o triunfo do seu equipo o pasado sábado, subiu a Facebook unha foto con varios compañeiros na que dedicou un explícito "me la chupáis" ao sector crítico da afección vilagarciá "que nos silbáis y criticáis".
Aínda que pouco depués borrou o comentario, o rebumbio que se xerou foi importante, o que levou á directiva do club para reunirse para valorar como actuar.
Tras este encontro, ao que acudiu o propio Adrián Camiño, a comisión deportiva aceptou as desculpas do futbolista, ao que decidiu impoñer unha multa tras aclarar que "ditas opinións para nada representan os valores deste club".
O Arosa, á súa vez, traslada as desculpas aos seus afeccionados e pídelles "o máximo apoio tanto para o primeiro equipo como para o proxecto global do club" tentando deixar atrás este desagradable episodio.
Relacionadas:
-
A falta de puntería priva ao Arosa do triunfo en Boiro (0-0)
Por Ramiro Espiño |
-
O Arosa domina mesmo en inferioridade pero non pasa do empate fronte As Pontes (0-0)
Por Redacción |
-
Cómodo triunfo do Arosa (0-3) en Verín
Por Redacción |
-
Vitoria balsámica do Arosa (2-1) sobre o Órdenes
Por Redacción |
-
Juanjo abandona o Arosa por motivos laborais
Por Redacción |