Bo xogo pero mal resultado do Cisne en Palma del Río (32-24)
Por Redacción
Portería e contraataque, foron as claves dun partido que o Palma del Río gañou con máis dificultade da que pode indicar o marcador final. En fronte estaba un Cisne que por xogo mereceu máis, acreditando mellores maneiras que as que indican a súa posición na táboa, pero que fallou nos momentos craves, especialmente no últimos nove minutos de partido, que foi cando os locais consolidaron a súa vitoria cun parcial de 7-0 ao seu favor.
Certo é que o conxunto cordobés foi sempre por diante, salvo no gol inicial do Cisne, pero os pontevedreses reaccionaban sen entregarse. Así, do 5-4 (minuto 15), pasábase a un 12-8 que apuntaba o despegamento local, para irse ao descanso tres arriba (13-10).
Os comezos da segunda parte foron claves. Palma del Río aproveita o que o Cisne non puido e con catro goles en menos de tres minutos ponse cun claro 17-10. O contraataque andaluz era a súa arma (ata nove goles en transición defensa-ataque conseguiron os cordobeses). Pero os de Edín Covelo non se renderían.
Aos poucos as distancias fóronse recortando ata un apertado 25-23. Quedaban 9 minutos por xogar que foron fatais para o Cisne. Palma del Río escapouse definitivamente con ese parcial de 7-0 que situaba o marcador nun inalcanzable 32-23, que rebaixaría minimamente Pepe Camiña ata o 32-24 final.
Destacar no Cisne a actuación de Álex Chan, autor de 6 goles, e especialmente de Guille Rial, que conseguiu 11 dos goles do seu equipo.
Con este resultado, Palma del Río suma a súa oitava vitoria consecutiva, mentres o Cisne terá que afrontar unha auténtica final o vindeiro sábado no CGTD, coa visita de Amenabar.
Relacionadas:
-
O Barcelona B pasa por enriba dun frouxo Cisne (43-21)
Por Redacción |
-
Grave revés do Cisne que cae vítima dos seus erros fronte a un duro Amenabar Zarautz (26-27)
Por Redacción |
-
Chamamento do Cisne á súa afección ante a visita do Amenabar Zarautz, rival directo pola permanencia
Por Redacción |
-
O Cisne acaricia a vitoria fronte ao MMT Zamora (29-29) nun emocionante partido
Por Ramiro Espiño |
-
Toño Lafuente será intervido de rotura do ligamento cruzado anterior
Por Ramiro Espiño |
-
O Cisne só aguanta dez minutos en Antequera e cae derrotado por un claro 34-24
Por Redacción |