Segue imparable o Peixegalego, que non dá opción ao Covirán Granada (88-68)
Por Redacción
Non hai quen pare ao Peixegalego, o equipo máis en forma da liga LEB Prata. Así o demostraron os pupilos de Javi Llorente na visita do Covirán Granada, ao que arroiaron por un claro 88-68.
Os de Marín marcaron distancias desde os primeiros minutos para dominar o electrónico con claridade ao final do primeiro cuarto (23-16).
Os sete puntos de renda ampliáronse ao descanso ata os 22 (51-29) grazas ao acerto en ataque de homes como Adón (19), Rogers (17) e Green (16) e un gran nivel defensivo.
O Granada só conseguiu maquillar o resultado no último cuarto, sen chegar a inquietar aos locais, que sumaron o seu quinto triunfo consecutivo.
Consulta aquí as estatísticas do partido.