Duro correctivo ao Leis na loita pola segunda praza e do Bueu ante o Valladolid
Por Redacción
Estraño partido para o Leis Pontevedra na súa visita á cancha do Cuéllar-Cojalba, equipo co que chegaba empatado na segunda praza.
Ademais do avultado do resultado (9-0), os pupilos de Manu Cossío gozaron de numerosas e claras ocasións de gol, pero entre o gardameta local e os paus evitaron que tan sequera puidesen marcar un tanto.
O Cuellar mostrou unha gran efectividade e dominou o marcador durante todo o encontro infrinxindo un duro castigo aos pontevedreses.
Esta derrota deixa ao Leis na terceira praza con 23 puntos.
Pola súa banda o ADFS Bueu é o novo pechacancelas da competición, con nove puntos, tras encaixar unha ampla goleada no Pavillón Pablo Herbello ante o Universidade de Valladolid (0-8).
Os de Javi Santos aguantaron o ritmo visitante 10 minutos, pero víronse superados claramente por un rival superior en todas as facetas do xogo.