Xornada de atletismo solidario polas rúas de Bueu
Por Redacción
Un cento de atletas participaron o pasado día 26 de decembro na Carreira Solidaria de Nadal organizado polo Club de Atletismo Corredoiras e o Concello de Bueu.
Á proba saía da Praza Massó para percorrer as rúas Eduardo Vincenti, Ramón Bares, senda do río Bispo, Rosalía de Castro, Montero Ríos e Kayrel, nun percorrido de dous quilómetros.
Contaba como único requisito a doazón dun quilo de alimentos non perecedoiros para a súa posterior entrega a entidades sociais, posto que a inscrición era gratuíta.
Participaron deportistas de todas as idades, entre os que se sortearon diferentes premios ao final da proba.