Andrés Álvarez e Pablo García, do Club de Mar Aguete, acaban décimos no Mundial xuvenil de vela
Por Redacción
Bo papel do pontevedrés Pablo García e o buenense Andrés Álvarez no Campionato do Mundo ISAF Xuvenil de vela celebrado entre o 27 de decembro e o 3 de xaneiro na localidade malaya de Langkawi.
A tripulación do Real Club de Mar Aguete finalizou na décima posición da clase 420 despois de cinco xornadas de competición, na que participaron deportistas de máis de 60 países.
Pablo e Andrés aspiraban a coarse entre os cinco primeiros clasificados, sobre todo tras as dúas primeiras xornadas, cando marchaban no sexto posto a seis puntos do podio.
Con todo un discreto tercer día, cun vixésimo segundo posto e un fóra de liña nas dúas mangas disputadas afastounos dos postos de honra.
Os pontevedreses melloraron nos últimos parciais para finalizar no Top-10 mundial na que é a súa despedida da clase 420, posto que continuarán coa súa progresión en 2016 ascendendo á clase olímpica 470.