Portonovo e Sanxenxo volven gañar e dispáranse na clasificación
Por Redacción
O Xuventú Sanxenxo sumou ante o Caselas (2-0) o seu terceiro triunfo consecutivo que lle dispara ata o medio da táboa na Preferente. Os amarelos impuxéronse no seu campo grazas a dous goles de Currás, un en cada tempo, e ascenden ata a oitava praza con 28 puntos.
Cun menos, 27, sitúase un Portonovo que tamén reaccionou coa súa segunda vitoria seguida, esta vez pola mínima ante Mondariz (0-1). Un gol de Alberto Rei aos 11 minutos foi suficiente para un cadro arlequinado que mostrou unha maior solidez defensiva e colócase en décima praza.
No terceiro posto consolídase o Céltiga, con 35 puntos, grazas a un gol de Machu ao fío do descanso, que terminou coa resistencia do Unión Grove. O equipou da Illa está a sete puntos do ascenso directo, mentres o Grove é decimoséptimo con 22 puntos, ao fío do descenso.
Completou a xornada o líder Villalonga salvando un punto nos últimos minutos ante o Estradense (1-1), grazas a un gol de Javi Pazos que neutralizou a vantaxe inicial dos visitantes. Os celestes manteñen sete puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado e 14 sobre o terceiro.