O contragolpe do Mondariz castiga a un voluntarioso Marcón (1-3)
Por Redacción
Duro castigo para un voluntarioso Marcón Atlético na visita do Mondariz ao campo do Carrasco (1-3).
Os pontevedreses encaixaron a súa cuarta derrota consecutiva en liga, que lles fai caer ata a metade da táboa con 31 puntos, ao sufrir a efectividade do contragolpe do seu rival. Así chegou o primeiro gol do partido cando só transcorreran dous minutos de xogo, cunha rápida transición definida por Nico.
O golpe non descompuxo aos de Carlés, que se propuxeron levar o mando do partido na busca da igualada. Con todo, noutro roubo o Mondariz sacou a relucir a súa efectividade para facer o segundo, aos 19 minutos, por medio de Alberto.
O marcador xa non se movería ata o descanso, empezando a segunda metade cun Marcón que buscaba meterse no partido e un Mondariz á expectativa. Logrouno aos 58 minutos co gol de Bolo.
O tanto reforzou aos locais, que se lanzaron a pola igualada ata que, no medio do asedio, o Mondariz aproveitou un erro do seu rival para sentenciar, no 65, cun gol de Pablo.
Consulta aquí o acta do partido.