Modou Mbaye, reforzo sorpresa do Peixe Galego para pelexar polo ascenso
Por Diego Espiño
O Peixe Galego moveuse con rapidez ante as lesións que sufriu o equipo nas últimas xornadas, como a de Gregorio Adón a pasada semana, e acudiu ao mercado ao límite do prazo para reforzar ao equipo co obxectivo, xa claro, de pelexar polo ascenso directo a LEB Ouro.
O club marinense anunciou este luns a contratación de Modou Mbaye, ala-pívot senegalés de 22 anos e 2,01 metros de altura que se atopaba sen equipo tras xogar o tramo final da pasada tempada no Palencia de LEB Ouro, no que apenas gozou de minutos nun plantel moi competitivo.
Mbaye, despois de tres anos na canteira do Real Madrid, formou parte tamén do Alcázar Basket da liga EBA, onde alcanzou 11 puntos e 8 rebotes por partido.
O senegalés, un xogador que o club define como "con proxección, atlético e con bo lanzamento" chega a Marín para completar o equipo ata final de tempada.
Se Javi Llorente considérao oportuno, Mbaye poderá debutar na próxima xornada, na que o Peixe Galego visitará a pista do Xuven Cambados.
Relacionadas:
-
O estado de Gabe Rogers, preocupación do Peixe Galego ante a visita do Ciudad de Valladolid
Por Redacción |
-
Unha canastra de Carlos Noguerol, a falta de 9 segundos, decide o derbi entre Xuven e Marín Peixe Galego (73-74)
Por Redacción |
-
Sufrida vitoria do Peixe Galego ante o Getafe para manter vivo o soño do ascenso (92-86)
Por Redacción |