Contratempo para o Teucro coa lesión de Iván Fernández
Por Redacción
Ao Teucro acumúlanselle os problemas coa posible baixa de Iván Fernández, despois de que o extremo se mancase no adestramento deste martes.
O xogador azul fíxose dano nunha acción da sesión na que apoiou mal o pé, evidenciando desde o primeiro momento importantes signos de dor que fixeron temer por unha lesión grave.
Afortunadamente, as primeiras exploracións no seu nocello apuntan a unha doenza algo máis leve, cunha distensión, aínda que a importancia dependerá da afectación do ligamento.
Para confirmar o diagnóstico e fixar o período exacto de baixa haberá que esperar á resonancia magnética que se lle realizará ao xogador, que de momento é seria dúbida para o próximo partido.
O contratempo chega nun momento deportivo complicado para o equipo, en postos de descenso, e antes de afrontar a visita do Benidorm ao Municipal, choque vital na loita pola permanencia que se disputará o día 19 de marzo, xa que o próximo fin de semana hai parón na Liga Asobal.
Relacionadas:
-
O Teucro xógase a vida ante "uno de los equipos más en forma" da Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Vai ao balonmán cun par...
Por Redacción |
-
O Teucro necesita "cerca de 60.000 euros" para terminar a tempada sen déficit
Por Diego Espiño |
-
Falece o expresidente do Teucro, José Manuel Vázquez Piay
Por Ramiro Espiño |
-
Tardía reacción sen premio para o Teucro na súa visita ao Puerto Sagunto (34-29)
Por Redacción |