A IV Bandeira de Bateis Concello de Marín agarda a participación de 400 remeiros
Por Redacción
Máis de 400 deportistas cítanse este Xoves Santo en Marín na que será a cuarta edición da Bandeira de Bateis Concello de Marín, que organiza o Club de Remo Ría de Marín.
Máis de 80 embarcacións participarán na competición remeira, incluída no calendario galego, no que supón unha cifra record, procedentes dos diferentes clubs da Comunidade.
A IV Bandeira de Bateis Concello de Marín disputarase en horario de mañá, de 11:00 a 11:30 horas nun campo de regatas que se instalará fronte ao Paseo Alcalde Blanco coa intención de poder seguila con facilidade desde a dársena.
Á presentación da regata acudiron o presidente do Club de Remo Ría de Marín, Francisco Javier López, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba.