Javi Llorente seguirá como adestrador 'peixe' unha tempada máis
Por Redacción
Recoñecía o presidente do Peixe Galego, Luís Santiago, horas despois do ascenso á LEB Ouro, que "no me imagino el equipo sin Javi Llorente".
Pois dito e feito, unha semana despois de asegurar o título de liga o club marinense confirmou a continuidade do seu adestrador.
Javi Llorente será un ano máis o responsable do banco 'peixe', pero ademais integrarase na planificación e coordinación do equipo técnico de todas as categorías inferiores.
Con esta renovación o técnico cumprirá dez anos na disciplina do club, ao que chegou no ano 2007 como xogador na liga EBA e empezouse a formar como adestrador na base tras a súa retirada ata a súa chegada ao primeiro equipo.