VÍDEO.- O Campionato de Europa de Piragüismo Maratón de Pontevedra estrea anuncio promocional
Por Redacción
Quedan pouco máis de dous meses para que o río Lérez acolla o que será o gran evento deportivo do ano na cidade, o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón, e aos poucos a cita vai gañando presenza.
A organización do Europeo empezou a distribuír o vídeo promocional do campionato, que se celebrará entre os días 26 de xuño e 3 de xuño con preto de 800 padeeiros dos diferentes países do continente.
O anuncio foi elaborado por unha produtora audiovidsual da cidade, El Espejo Mágico Producciones e contou coa participación dalgúns dos deportistas que será protagonistas na competición dentro do equipo nacional.