A Gimnástica, a facer un bo papel na final da División de Honra
Por Redacción
Cinco anos despois, o equipo masculino da Sociedad Gimnastica volve disputar a final da División de Honra de atletismo. Farao este sábado 11 de xuño en Castelló.
Os compoñentes do equipo pontevedrés serán Gonzalo Sánchez, Alberto Salcedo, Roberto Tello, Alberto Guerrero, David Martínez, Manuel Hurtado, Iván Blanco, Nacho Sarmiento, Alex Solla, Lysvanys Pérez, Santi Ferrer, David Ferrer, Ricardo Gaya, Sergio Paredes, Manuel Castellanos, Javier Guzmán, Víctor Gallego, Eduardo Gallardo e David Veiga.
A competición comezará ás tres da tarde, como sempre co lanzamento de martelo e pecharase ao nove menos cuarto da noite co relevo longo, case seis horas de competición onde se disputarán 20 probas.
Serán oito equipos os que loiten polo título da categoría. Cada un terá a un representante en cada unha das 18 probas individuais, máis un cuarteto en cada un dos dous relevos.
O equipo local, o Playas de Castellón, vencedor da competición o últimas sete tempadas, é o gran favorito á vitoria.
AS FÉMINAS BUSCARÁN O ASCENSO
Ademais, o equipo feminino da Gimnástica disputará o domingo a final feminina de Segunda División, coa ilusión do ansiado ascenso a Primeira, tras estar a piques de ascender a pasada tempada cando quedaron as terceiras.
En Cáceres, oito serán os equipos que busquen unha das dúas prazas de Primeira División en xogo. Bahía Algeciras, ADAS de Valdeorras e a Gimnástica son os tres equipos que a priori aspiran a quedar entre os dous primeiros do encontro.
No combinado pontevedrés estarán Esperanza Caldas, Xiana González, Eva Salvado, Lucía Cardesín, Rocío Rodríguez, Camila Alonso, Joselyn Brea, Lucía Ferrer, Alba Fernández, Inés Martínez, Emma Lorenzo, Paula Martín, Marta González, Sandra Carballo, Mercedes De Santalo, Loreto Brea, Ángeles Filgueira, María Jiménez, Paula Argibay y Ángela Fernández.
Cada equipo participará cunha atleta diferente en cada unha das 18 probas individuais, podendo tamén formar parte dos equipos de relevos , o 4x100 e o 4x400.
Ás dez e media da mañá arrincará o lanzamento de martelo, con Loreto Brea lanzando pola Sociedad Gimnástica e á unha e media darase a saída á última proba, o relevo longa.
Relacionadas:
-
Último posto da Gimnástica na loita polo título na División de Honra masculina
Por Redacción |
-
O equipo feminino da Gimnástica ascende a Primeira División
Por Redacción |
-
A final da División de Honra de atletismo, en Castellón
Por Redacción |
-
O ascenso do equipo feminino da Gimnástica pasa por Cáceres
Por Redacción |
-
A Gimnástica métese na final polo título de División de Honra
Por Redacción |