Lydia Pérez, a por todas no campionato de Europa junior de loitas olímpicas
Por Redacción
Lydia Pérez Touriño, deportista do Club de Loita Pontevedra, foi seleccionada para participar no campionato de Europa junior de loitas olímpicas, que se disputará do 21 ao 26 de xuño na localidade de Bucarest (Romanía).
A pontevedresa, que competirá na categoría de 58 quilogramos, é a única deportista feminina que foi convocada polo equipo nacional para esta importante cita continental.
Será a cuarta participación de Lydia Pérez nun campionato de Europa.
Nos últimos tempos, Lydia Pérez é un nome indiscutible dentro do equipo nacional. Esta tempada acumulou grande resultados, entre outras citas, no Torneo Internacional de París ou no Torneo Internacional para Novas Promesas de Murcia.
Bolseira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), a moza pontevedresa adestra ás ordes de Alexander Kachelaev e Marcos Miragaya Lama, que lograron reunir en Pontevedra a un dos mellores grupos de adestramento do país.
Así, a finais de xuño, as instalacións do CGTD acollerá unha concentración para preparar o Europeo cadete e nela participarán varios deportistas do equipo nacional.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez, sen fortuna no Campionato de Europa Junior
Por Redacción |
-
Lydia Pérez e Carmen Salgado, medallistas no Torneo Internacional Xóvenes Promesas de loita
Por Redacción |
-
O Loita Pontevedra triunfa na casa no Nacional Junior con medallas para Lydia Pérez e Carmen Salgado
Por Diego Torrado |